Se onte ocupabamos parte do espazo radiofónico de Hoy por Hoy na Cadena SER Ferrol, hoxe La Voz de Ferrol enche de cor unha páxina falando da Marcha Costa Ártabra que celebramos o sábado... 50 km de Ferrol a pé, moito por ver!
Un ano máis e co gallo do Día Internacional do Medioambiente, presentamos polo rexistro do Concello de Ferrol unha proposta para promover a creación dun miradoiro aproveitando unhas terras baldías na glorieta de incorporación ao vial do acceso ao Porto Exterior, en Covas.
Se o pasado ano aproveitamos a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente para poñer a énfase na denuncia dos vertedoiros ilegais de lixo e entullos que menudean polas pistas e camiños dos montes de Chamorro e A Bailadora, este ano continuando na nosa teima de promocionar un espazo como é a Costa Ártabra, incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na Rede Natura 2000 e consecuentemente declarada Zona de Especial Conservación (ZEC) da Comunidade Autónoma, e tras organizar 5 edicións da Marcha Costa Ártabra pasando pola contorna da Bailadora, propuxemos ao Concello de Ferrol a creación dun miradoiro da Costa Ártabra desde a zona de Covas-Esmelle aproveitando uns terreos que quedaron estrangulados polo acceso ao vial de Fomento.
A idea é dotar a esta zona do noso rural dun espazo de interpretación paisaxística da costa, e solicitamos do Concello que faga as xestións necesarias coas administracións competentes para aproveitar este espazo actualmente sen uso e poboado de monte baixo sen control ningún, entendendo que pola súa ubicación seguramente trátase de zonas expropiadas no proceso de construción das infraestruturas viarias.
Dada a súa posición xeográfica e o desnivel que ocupa, cunha visión aberta ao Val de Esmelle, Cabo Prior e Covas, o lugar ofrece unha magnífica panorámica. Propoñemos unha intervención branda e mínima, que pode consistir no acondicionamento da zona do miradoiro, limpando a vexetación e engadindo algún mobiliario como bancos e papeleiras, e un panel interpretativo, ademais dunha zona de aparcadoiro para estacionar os vehículos con seguridade.
E a ti, que che parece a idea? déixanos un comentario!
![]() |
| Vista 3D da zona proposta para a intervención (Fonte: Google Earth) |

| O miradoiro proposto aproveita un terreo baldío perto da glorieta da estrada de Covas e o vial de acceso ao Porto Exterior de Ferrol |
A idea é dotar a esta zona do noso rural dun espazo de interpretación paisaxística da costa, e solicitamos do Concello que faga as xestións necesarias coas administracións competentes para aproveitar este espazo actualmente sen uso e poboado de monte baixo sen control ningún, entendendo que pola súa ubicación seguramente trátase de zonas expropiadas no proceso de construción das infraestruturas viarias.
Dada a súa posición xeográfica e o desnivel que ocupa, cunha visión aberta ao Val de Esmelle, Cabo Prior e Covas, o lugar ofrece unha magnífica panorámica. Propoñemos unha intervención branda e mínima, que pode consistir no acondicionamento da zona do miradoiro, limpando a vexetación e engadindo algún mobiliario como bancos e papeleiras, e un panel interpretativo, ademais dunha zona de aparcadoiro para estacionar os vehículos con seguridade.
E a ti, que che parece a idea? déixanos un comentario!
Conforme vai achegando o día do sábado vaise afinando a predición meteorolóxica. Sabedes que máis aló de 3 días vista hai que tomar os prognósticos con pinzas, pero aquí deixámosvos varios links para que sigades a evolución para a zona de Ferrolterra: en Meteogalicia, en Aemet, ou en 4gotas por citar tres... agora, se queredes outra opinión... 🙈🙉🙊😀
A falta de pechar a inscrición para os federados e para uns cantos que temos cos papeis incompletos (lembrade sempre que hai que enviar a documentación completa, e @s federad@s copia da licenza en vigor), xa pasamos dos 150.
O mellor de todo e que non vai facer o calor doutros anos, o resto está todo en marcha, ruta resinalizada, unhas cantas pistas abertas de vexetación, os bocatas pedidos...
Agardamos que tod@s pasemolo ben!
Pois iso, en principio hoxe temos o peche de prazo para as inscricións libres á V Marcha Costa Ártabra. Se non o fixeches aínda non o penses moito máis aquí tes máis info e o formulario... pola nosa banda e como podedes ver, nós seguimos a dalo "todo" para que o sábado teñades as máximas facilidades durante os 50 KM de Ferrol!
Sabemos que moita xente agarda ao derradeiro día para inscribirse na andaina por mor da predición meteorolóxica. Nas últimas edicións o tempo nesta altura do ano respectou aos sendeiristas. Desta volta coincide tamén a celebración da andaina o 9 de xuño co que sería o teórico "40 de maio" do refraneiro así que só falta saber se poderemos "quitar o saio"...
Este ano chegamos á quinta edición da Marcha Costa Ártabra que iniciamos en 2014, un roteiro circular de longo percorrido polas parroquias rurais e a costa de Ferrol onde o océano é protagonista.
Pero a Marcha Costa Ártabra non pode entenderse sen lembrar o seu precedente: O Camiño a Teixido, un roteiro lineal de 50 km entre Ferrol e Santo André de Teixido (Cedeira) que comezamos en 1997 e pechamos en 2013, xusto cando facía as quince edicións.
A andaina a pé entre Ferrol e Teixido comezou a coller forma no club en 1996, cando un pequeno grupo de 8 persoas levou a cabo a idea prantexada de facer un longo percorrido ata ese lugar onde se xunta o fervor relixioso cristián co pagán, o mundo máxico e ancestral dos vivos e dos mortos.
Deste xeito, e comprobada a factibilidade de facer o roteiro dunha tirada nun máximo de 12 horas, no ano 1997 e xa de forma organizada, arredor de 70 persoas tomaron saída no Porto de Ferrol para completar os primeiros 50 km a pé da nosa historia. Nesa primeira edición cada quen levaba o seu, comida e bebida, na compaña de mais un par de vehículos de apoio polo que poidera xurdir no camiño.
Desde aquel grupo expedicionario de 8 persoas da primeira excursión ou os 70 camiñantes da primeira cita organizada, até os máis de 300 que se quixeron sumar á XV e derradeira edición no ano 2013 moitas cousas foron mudando –como os tempos– desde a organización até os medios (lembrades cando apenas había teléfonos móbiles ou internet?) para completar en total máis de 3.500 inscricións de amigas e amigos que puxemos as botas e tomamos o caxato para ir a polos sanandresiños á Capelada durante eses quince anos.
Pero todo na vida ten un comezo e un final. Moita xente non entendeu que se deixara de facer este emblemático roteiro xusto cando xa estaba plenamente instalado no calendario galego. Pero un itinerario tan longo obriga a mobilizar e multiplicar a voluntari@s e medios que vense sometidos a un estrés organizativo moi forte, queremos lembrar especialmente a edición de 2010 na que por mor das intensas precipitacións que caeran os días previos houbo máis de 50 baixas na saída, aínda que despois as persoas que se atreveron a facer a andaina foran recompensadas porque o tempo xa estaba a mellorar e finalmente desenvolveuse con normalidade.
Tamén influiron factores económicos: a organización das andainas soe ser deficitaria en termos económicos, e mobilizar unha liña de autocares para devolver aos camiñantes ao punto de partida en Ferrol sen aumentar as cotas de inscrición para obter equilibrio desfondaba as contas.
A todos estes factores máis ou menos ligados á organización interna, sumábase a habitual loita contra toda caste de impedimentos sequera para manter a traza do camiño: talas forestais descontroladas que esfarelaban os camiños, celebración de ralis automobilísticos coincidindo en día, hora e lugar xusto co paso polo noso punto principal de avituallamento da comida na Capela da Fame... cando levabamos máis de 10 anos facendo o mesmo o segundo sábado de xuño! etc., e sumando a bipolar actitude das administracións, que se por unha banda prestan apoio, por outra poñen atrancos sen sentido ou son incapaces de coordinar por puro desinterese accións para poñer de relevo os valores históricos, patrimoniais ou turísticos deste itinerario, o que fixo que –sumando todo o conxunto– se tomara a decisión de dar por pechado o ciclo.
Deste xeito, decidimos organizar un "funeral civil" de Teixido a pé, cunha charla e proxección de fotografías no Ateneo Ferrolán, onde lembramos a historia, desenvolvemento e anécdotas desta iniciativa pioneira.
Tamén fixemos unha pequena "mortaxa" dixital a esta senlleira andaina en forma de blog conmemorativo, onde deixamos apuntadas a maiores e para quen as queira tomar, algunhas accións de futuro que poden dar pulo a un roteiro que desde o Club de Montaña Ferrol nunca quixemos patrimonializar, porque é de todos e de todas.
Mais tamén quixemos deixar constancia do que foi a nosa aportación, por modesta que esta fora, para manter vivo no recordo –o viamos reflectido nos ollos da xente maior que cruzabamos no camiño– da tradición dos romeiros e as caldupeiras. E así foi como nós cumprimos, porque a Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo.

...e así destes caldos naceu a Ruta da Costa Ártabra e a Marcha anual dos 50 km a pé de Ferrol... pero ese é un conto que contaremos outro día, namentres podes axudarnos a escribilo... a que agardas para te inscribir? 😉
Pero a Marcha Costa Ártabra non pode entenderse sen lembrar o seu precedente: O Camiño a Teixido, un roteiro lineal de 50 km entre Ferrol e Santo André de Teixido (Cedeira) que comezamos en 1997 e pechamos en 2013, xusto cando facía as quince edicións.
A andaina a pé entre Ferrol e Teixido comezou a coller forma no club en 1996, cando un pequeno grupo de 8 persoas levou a cabo a idea prantexada de facer un longo percorrido ata ese lugar onde se xunta o fervor relixioso cristián co pagán, o mundo máxico e ancestral dos vivos e dos mortos.
Deste xeito, e comprobada a factibilidade de facer o roteiro dunha tirada nun máximo de 12 horas, no ano 1997 e xa de forma organizada, arredor de 70 persoas tomaron saída no Porto de Ferrol para completar os primeiros 50 km a pé da nosa historia. Nesa primeira edición cada quen levaba o seu, comida e bebida, na compaña de mais un par de vehículos de apoio polo que poidera xurdir no camiño.
Desde aquel grupo expedicionario de 8 persoas da primeira excursión ou os 70 camiñantes da primeira cita organizada, até os máis de 300 que se quixeron sumar á XV e derradeira edición no ano 2013 moitas cousas foron mudando –como os tempos– desde a organización até os medios (lembrades cando apenas había teléfonos móbiles ou internet?) para completar en total máis de 3.500 inscricións de amigas e amigos que puxemos as botas e tomamos o caxato para ir a polos sanandresiños á Capelada durante eses quince anos.
![]() |
| Pepe Cepero fixo o fermoso cartel da derradeira edición do Teixido a pé en 2013 |
Pero todo na vida ten un comezo e un final. Moita xente non entendeu que se deixara de facer este emblemático roteiro xusto cando xa estaba plenamente instalado no calendario galego. Pero un itinerario tan longo obriga a mobilizar e multiplicar a voluntari@s e medios que vense sometidos a un estrés organizativo moi forte, queremos lembrar especialmente a edición de 2010 na que por mor das intensas precipitacións que caeran os días previos houbo máis de 50 baixas na saída, aínda que despois as persoas que se atreveron a facer a andaina foran recompensadas porque o tempo xa estaba a mellorar e finalmente desenvolveuse con normalidade.
Tamén influiron factores económicos: a organización das andainas soe ser deficitaria en termos económicos, e mobilizar unha liña de autocares para devolver aos camiñantes ao punto de partida en Ferrol sen aumentar as cotas de inscrición para obter equilibrio desfondaba as contas.
| Detrás da organización das andainas hai moito traballo, que desenvolven @s voluntari@s do Club de Montaña Ferrol |
Deste xeito, decidimos organizar un "funeral civil" de Teixido a pé, cunha charla e proxección de fotografías no Ateneo Ferrolán, onde lembramos a historia, desenvolvemento e anécdotas desta iniciativa pioneira.
Tamén fixemos unha pequena "mortaxa" dixital a esta senlleira andaina en forma de blog conmemorativo, onde deixamos apuntadas a maiores e para quen as queira tomar, algunhas accións de futuro que poden dar pulo a un roteiro que desde o Club de Montaña Ferrol nunca quixemos patrimonializar, porque é de todos e de todas.
Mais tamén quixemos deixar constancia do que foi a nosa aportación, por modesta que esta fora, para manter vivo no recordo –o viamos reflectido nos ollos da xente maior que cruzabamos no camiño– da tradición dos romeiros e as caldupeiras. E así foi como nós cumprimos, porque a Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo.

...e así destes caldos naceu a Ruta da Costa Ártabra e a Marcha anual dos 50 km a pé de Ferrol... pero ese é un conto que contaremos outro día, namentres podes axudarnos a escribilo... a que agardas para te inscribir? 😉
Unha das queixas máis recorrentes en xeral dos camiñantes son os tramos asfaltados nos percorridos de sendeirismo. No trazado da Ruta Costa Ártabra, e quitando os lóxicos treitos do comezo e o final da andaina conforme imos saíndo ou penetrando na zona máis urbana de Ferrol, a zona con piso alquitranado máis problemática, pola súa lonxitude, está no lugar de Outeiro en Doniños, á que chegamos despois do avituallamento da comida e tras atravesar o piñeiral de San Xurxo.
O primeiro que atopamos ao chegar á praia de Doniños é o paseo de madeira que decorre paralelo ao areal. Nesta zona recomendamos que prestedes especial atención ao chan para non magoar a algún dos numerosos exemplares –e auténticos donos do lugar– de lagarto arnal (ou ocelado) que frecuentan as pedras e a madeira do paseo en busca da calor que lles proporciona o sol.
Ao final do paseo, xusto despois de pasar a carón do memorial a Adolfo Ros, comezamos un tramo de estrada de aproximadamente 3 quilómetros que fanse duros para o sendeirista que nesta altura xa leva máis de 30 km nos pés, pero que son imprescindibles para salvar e preservar o sistema dunar e a lagoa de Doniños coa súa flora e fauna. Un espazo amparado por figuras de protección ambiental que forma parte da Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), encadrado dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC) Costa Ártabra da Comunidade Autónoma, sendo Doniños ademáis parte da Zona de Especial Protección pola súa importancia para as numerosas aves que buscan acubillo nesta zona húmida.
Así que cando camiñes pola estrada que perimetra a Lagoa de Doniños xa sabes que estás a contribuir a preservar este tesouro natural que con sorte poderán apreciar tamén as xeracións que veñen tras de nós... A que agora esta incomodidade do asfalto parece cousa miúda? Vémonos na Marcha Costa Ártabra.
![]() |
| Lagarto arnal ou ocelado tomando o sol no "paseo dos lagartos"... Si, o paseo é deles! (Foto: María Ramírez) |
![]() |
| Sistema dunar de Doniños (Foto: María Ramírez) |
Así que cando camiñes pola estrada que perimetra a Lagoa de Doniños xa sabes que estás a contribuir a preservar este tesouro natural que con sorte poderán apreciar tamén as xeracións que veñen tras de nós... A que agora esta incomodidade do asfalto parece cousa miúda? Vémonos na Marcha Costa Ártabra.
Vou facer os 50 km a pé da Ruta Costa Ártabra e lembrei de ti!
En Ferrol, o sábado 9 de xuño de 2018