O ano pasado estivemos a punto de pechar un ciclo, como fixo moita xente despois da pandemia, pero decidimos chegar a XXV ediciòn dos 50 kms de Ferrol e X da Costa Artabra.
Así pois aqui estamos despedindo como entidade mais lonxeva (claro que con 50 anos de historia dan moito de si), esta actividade que moveu uns cantos miles de camiñantes polo noroeste galego.
E non queríamos facelo sen deixar unha porta aberta, e de paso facilitar que viñera mais xente a este adios.
Así que no avituallamento da comida en S.Xurxo, despois do bocata aqueles que queiran poderan coller un bus que imos poñer para retornar o inicio, no pavillón da Malata,
Eses 30kms serán mais accesible para moitos particiantes.
Se a experiencia é positiva para todos (Camiñantes e organización), o ano que ven poderíamos facer os 30kms da Costa Artabra.... iremolo vendo!
Grazas a todol@s valentes que onte participachedes nesta novena edición da Costa Artabra, o final tan malo non foi.
Case non houbo abandonos e pese a todo sen incidencia algunha.
A verdade (que pese as criticas despiadadas e as chamadas o boicot nalgunha rede social), nos seguimos como neste 50 anos..camiñando, e e unha sorte contar cun bo feixe de amig@s que nos acompañades.
Temos a duda de se nese 50 aniversario pechar aqui ese ciclo de marchas de 50kms sendo a decana de toda Galicia, ou pola contra agardar a XXV edición..veremolo!
A diferencia de cando facíamos os 50kms de Ferrol, pero con destiño Santo André de Teixido, e que ali iban mais participantes, por aquelo de ir a ver o Santo. E si , as veces habia miragres, porque ver chegar a algun o era.
Dende que facemos a volta polo Ferrol rural, os marchadores, son moito mais "profesionais", e a hora de chegar de novo a Malata as caras non son tanto de sufrimento.
E que nesta aventura, amig@s de 16 clubes e doutras duas federacións autonómicas, nos acompañen, non cabe mais que agradecerlles a sua/vosa presenza
|
AGRUPACIÓN MONTAÑEROS INDEPENDIENTES |
4 |
|
CLUB AVANZADILLAS DEL SENDERISMO |
1 |
|
CLUB DEPORTIVO 21 LEGUAS |
5 |
|
CLUB DPTVO. METAS IMPOSIBLES TRAIL TEAM |
1 |
|
CLUB ENTRECABOS |
2 |
|
CLUB INTERNACIONAL TREKKERS BARBANZA -
SAR |
5 |
|
CLUB MONTAÑA O CAXADO |
8 |
|
CLUB MONTAÑA TREVINCA |
2 |
|
CLUB PASA OU ENTORNA |
2 |
|
CLUB SENDERISMO TRABANDAINAS |
12 |
|
CLUD DE MONTAÑA XESTEIRAS |
1 |
|
CM XISTRA |
3 |
|
CMF |
12 |
|
OS CORZOS DE ORTEGAL |
1 |
|
GMTA&CHUVORNES |
1 |
|
SM CLUBE DEPORTIVO FONTIÑAS |
1 |
|
FEDERACION ARAGONESA DE MONTAÑISMO |
1 |
|
FEDERACIÓN RIOJANA DE MONTAÑISMO |
1 |
BOCATAS PEDIDOS a ENPANES,
FROITA NO GADIS,
BEBIDAS ENCARGADAS... tan so parece que algo vai a deslucir o día, unha DANA, que vai atravesar Galicia a noite do venres.
Así que choverá de noite, incluso algo pola mañá e ira despexando o longo do día.
VEREMOLO O SÁBADO!
Pois ai temos @s nos@s compas, aproveitando cando non chove para repasar os 50kms.. claro que cando non chove é pouco tempo, a ver si damos chegado! Porque a este paso vai ser unha ruta invernal
Un ano mais, e van 24, nos lanzamos a aventura de organizar 50kms, e levamos 9 anos facendoo por dentro do Concello de Ferrol.
Como a xente sigue a desfrutar, e a nos encantannos que xentes de moitos sitios veñan coñecer a nosa terriña no noroeste do noroeste.
Pouco a pouco iremos colgando como vai o tema, polo de pronto vos podemos dicer que vai: MOLLADO!!!
Que para anunciar un super, poñen catro capachos con 2 cebolos e din aquelo de... "e o que sobre..para comedores sociales".
Nos non lle facemos propaganda paga a niguen, pero o certo é que o que nos sobrou, como sempre, o domingo pola mañan estaba na Cociña Económica de Ferrol.
E de paso aproveitamos: faceros socios







