AINDA QUE TIÑAMOS PREVISTO CERRALO ESTA SEMÁN, como levamos adiantado todo o marcado, as colaboracións, incluso a presentazón no concello, aumentamos ata o mercores que ven día 11 o prazo de inscrición. Que non quede fora ninguen!
... os 20 primeiros kms, dende Ferrol ata o cabo Prior este ano co que choveu ainda nos estraña que os camiños esten tan "camiñables", cos cambios de tempos xa se verá a mediados de xuño como temos a aventura!
Por dúas bandas: xa empezamos a inscrición e xa empezamos a revisalo camiño, ca idea este ano de que o Concello de Ferrol, o deixe como un recurso turístico para facer durante todo o ano.
O certo é que todas as rutas de longa distancia do Club Montaña Ferrol - Alpinista Abrente, solen ser reclamo para coñecer este recuncho do noroeste
O ano pasado estivemos a punto de pechar un ciclo, como fixo moita xente despois da pandemia, pero decidimos chegar a XXV ediciòn dos 50 kms de Ferrol e X da Costa Artabra.
Así pois aqui estamos despedindo como entidade mais lonxeva (claro que con 50 anos de historia dan moito de si), esta actividade que moveu uns cantos miles de camiñantes polo noroeste galego.
E non queríamos facelo sen deixar unha porta aberta, e de paso facilitar que viñera mais xente a este adios.
Así que no avituallamento da comida en S.Xurxo, despois do bocata aqueles que queiran poderan coller un bus que imos poñer para retornar o inicio, no pavillón da Malata,
Eses 30kms serán mais accesible para moitos particiantes.
Se a experiencia é positiva para todos (Camiñantes e organización), o ano que ven poderíamos facer os 30kms da Costa Artabra.... iremolo vendo!
Grazas a todol@s valentes que onte participachedes nesta novena edición da Costa Artabra, o final tan malo non foi.
Case non houbo abandonos e pese a todo sen incidencia algunha.
A verdade (que pese as criticas despiadadas e as chamadas o boicot nalgunha rede social), nos seguimos como neste 50 anos..camiñando, e e unha sorte contar cun bo feixe de amig@s que nos acompañades.
Temos a duda de se nese 50 aniversario pechar aqui ese ciclo de marchas de 50kms sendo a decana de toda Galicia, ou pola contra agardar a XXV edición..veremolo!
A diferencia de cando facíamos os 50kms de Ferrol, pero con destiño Santo André de Teixido, e que ali iban mais participantes, por aquelo de ir a ver o Santo. E si , as veces habia miragres, porque ver chegar a algun o era.
Dende que facemos a volta polo Ferrol rural, os marchadores, son moito mais "profesionais", e a hora de chegar de novo a Malata as caras non son tanto de sufrimento.
E que nesta aventura, amig@s de 16 clubes e doutras duas federacións autonómicas, nos acompañen, non cabe mais que agradecerlles a sua/vosa presenza
|
AGRUPACIÓN MONTAÑEROS INDEPENDIENTES |
4 |
|
CLUB AVANZADILLAS DEL SENDERISMO |
1 |
|
CLUB DEPORTIVO 21 LEGUAS |
5 |
|
CLUB DPTVO. METAS IMPOSIBLES TRAIL TEAM |
1 |
|
CLUB ENTRECABOS |
2 |
|
CLUB INTERNACIONAL TREKKERS BARBANZA -
SAR |
5 |
|
CLUB MONTAÑA O CAXADO |
8 |
|
CLUB MONTAÑA TREVINCA |
2 |
|
CLUB PASA OU ENTORNA |
2 |
|
CLUB SENDERISMO TRABANDAINAS |
12 |
|
CLUD DE MONTAÑA XESTEIRAS |
1 |
|
CM XISTRA |
3 |
|
CMF |
12 |
|
OS CORZOS DE ORTEGAL |
1 |
|
GMTA&CHUVORNES |
1 |
|
SM CLUBE DEPORTIVO FONTIÑAS |
1 |
|
FEDERACION ARAGONESA DE MONTAÑISMO |
1 |
|
FEDERACIÓN RIOJANA DE MONTAÑISMO |
1 |
BOCATAS PEDIDOS a ENPANES,
FROITA NO GADIS,
BEBIDAS ENCARGADAS... tan so parece que algo vai a deslucir o día, unha DANA, que vai atravesar Galicia a noite do venres.
Así que choverá de noite, incluso algo pola mañá e ira despexando o longo do día.
VEREMOLO O SÁBADO!



